Wednesday 24 de April de 2024

Determinados os vídeos gañadores do concurso Galeguizando TikTok


O xurado do concurso Galeguizando TikTok reuniuse na tarde do 30 de setembro para selecciona-los vídeos gañadores desta proposta adscrita á programación impulsada para conmemora-lo Día da Patria Galega, no 25 de xullo, dende a Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

Os premios consisten nun lote de produtos culturais galegos e estabelécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha.

O xurado ditaminou que a distinción ‘ao máis divertido’ recaese en Iria Portas Rodríguez; ‘ao máis creativo’ en Alicia Miguéns Vila; e ‘ao máis orixinal’ quedou sen adxudicar.

Os vídeos presentados debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e segui-lo formato da app TikTok.